Site icon Crónica3.com A Mariña

Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte (Xove)

Xove 20-4-18. Un ano máis a Comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as FESTAS PATRONAIS DA PARROQUIA EN HONRA A SAN ISIDORO os vindeiros 28 E 29 de ABRIL, con arranxo ao seguinte programa:

SÁBADO, 28 DE ABRIL:
-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “PECADOS”.
-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
-17:00 horas.- Verbena con: “PECADOS” e “FENIX”. Para esta verbena, a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de baile, trofeo para parella máis vella e outro trofeo para máis nova.

DOMINGO, 29 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 982 16 93 49.
*Nota importante sobre a ruta a cabalo.- “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.
-14:00 horas.- Sesión Vermú con “JOSÉ ANIDO”.
-17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena con “JOSÉ ANIDO”.

A Comisión de Festas dispón dunha CARPA na cal se realizarán os bailes dos dous dias da festa.
A Comisión tamén quere agradecerlle a tódalas institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron, a súa colaboración coa nosas Festas Patronais.

Exit mobile version