Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 1600 escolares visitan estes días o Cenima

Foz 25-4-18. Máis de mil seiscentos alumnas e alumnos dos 29 centros de ensino da Mariña están a desenvolver unha visita guiada ós/ás 22 Artistas que expoñen as últimas creacións artísticas, e que poden visitarse no CENIMA de Foz dende o 28 de Marzo e ata o 15 de Maio. Esta mostra integrada na homenaxe a Juan Puchades Quilis e que representa a quinta edición da Semana das Artes da Mariña conta ca colaboración da Deputación de Lugo, a Mancomunidade da Mariña, o Concello de Foz, dúas profesionais da arte que guían as visitas, e un fermoso catálogo editado e deseñado pola imprenta Lar de Viveiro. Os e as alumnos/as de infantil, participan no programa aportando pequenos debuxos que realizan o final da visita como visión subxectiva da mostra. Dende Tá en artes queremos agradecerlle a tódolos centros escolares da Mariña, e en particular ós/ás profesores/as que acompañan ós/ás estudantes, o esforzo realizado para que isto sexa posible, e cada ano contemos con unha maior participación nos obradoiros que propoñemos, esperando que a 1ª exposición dos centros escolares da Mariña sexa un éxito de todos e todas. Así mesmo agradecemos a colaboración da Asociación A Pomba do Arco que está a celebrar catro interesantísimas conferencias No CENIMA durante esta semana (entre o 23 e o 26 de Abril) e que enmarca as propostas dos distintos ámbitos da Arte.

Exit mobile version