Site icon Crónica3.com A Mariña

Mengíbar 3-3 Pescados Rubén

Burela 14-4-18. O Pescados Rubén Burela FS recolleu esta tarde un empate moi traballado na complicada pista do Software DELSOL Mengíbar (3-3). Os mariñáns remontaron un 3-1 en contra no reinicio do encontro e regresan con 1 valioso punto, co que manteñen os privilexios de play off, nunha xornada na que o Valdepeñas conseguiu o ascenso matemático a Primeira LNFS impoñéndose 4-1 a UMA Antequera.

Os mariñáns empezaron ben e conseguiron adiantarse con Pope tras un saque de esquina, no minuto 11. A vantaxe, no canto de dar tranquilidade nas filas galegas, provocou o efecto contrario, cos seus peores minutos sobre o parqué. Así o Mengíbar igualou a contenda, de estratexia ao segundo pau de Fran Peña (minuto 15). Os locais conseguiron unha notable fenda ao descanso, con Ureña, aproveitando unha perda dos laranxas, e Tortu, nun rexeite.

Regresou un Burela completamente diferente e así se recompuxo. No minuto 22, Pope volveu facer acto de presenza batendo o meta andaluz por arriba desde a banda. Renato no 26 selou o 3-3. Luisma liderou o xogo de cinco nos últimos minutos, con dúas magníficas ocasións de Héctor coas que a fortuna non se aliou.

Ficha técnica

Software DELSOL Mengíbar: Manu, José López, Ureña, Toni, Fran Peña, cinco inicial; tamén xogaron Fede Díaz, Javi Lizana, Tortu, Cobinho

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, Colacha, Luisma, cinco inicia; tamén xogaron Chus, Héctor, Víctor, Hélder, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 11, Pope; 1-1, minuto 15, Fran Peña; 2-1, minuto 19, Ureña; 3-1,minuto 19, Tortu; 3-2, minuto 22, Pope; 3-3, minuto 26, Renato

Árbitros: Bardera Bardolla // Do Olmo Martínez (Colexio Vasco e Madrileño). Por Mengíbar amarela a José López, Tortu. Por Burela amarela a Luisma, Colacha.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Segunda LNFS, disputado no pavillón Sebastián Moya Llorca.

Exit mobile version