Site icon Crónica3.com A Mariña

Miguel A. Rojo viaxa novamente ó berce das Artes Marciais Orientais para practicar e aprender Tai Ji Quan en Wudang

Cervo 12-4-18. O mestre mariñano de Artes Marciais, Miguel A. Rojo, presidente da Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña e da Escola de Artes Marciales de Cervo, viaxou á República Popular de China cunha das súas alumnas afincadas en Madrid e de orixe chino. Este décimo quinto viaxe que Miguel A. realiza a Oriente serviulle para ahondar no coñecemento do Tai Ji Quan que xa ten, cabe destacar que é o responsable do departamento deste Arte Marcial chino na Federación Española de Kickboxig e que durante todo o ano realiza cursos por toda España difundindo o valor terapeútico e saludable que aporta o Tai Ji Quan. O viaxe que tivo a Miguel A. durante dez días en China tamén tivo unha parte ociosa e é que visitaron a Fundación Nacional do oso panda na cidade de Chengdou donde o goberno chino trata de recuperar esta especie tan característica e que é tamén un emblema nacional, así coma o monasterio de la montaña de Wudang que se fixo moito máis mediático tras saír na nova película de Kárate Kid con Jackie Chan e Jason Smith como protagonistas. Por outro lado á práctica dirixiuse a forma Wudang Sanfeg Taiji Quan que se realiza con espada, as formas con espada son realmente complicadas e foi necesario practicar durante o máximo de días posibles para poder aprendela. Como Miguel A. recoñeceu “Wudang é unha zona que sempre desperta en min algo especial”, ademáis do recoñecemento do Mestre Wang Miguel A. tamén trouxo consigo o aval da propia escola de Wudang recoñecendo a labor que fai en España.

Exit mobile version