Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó equipo de goberno do Concello a facer as xestións necesarias para mellorar o aceso ó camiño da vía que enlaza a estrada LU-162 coa estrada da subida a Vilachá na parroquia de Cangas

Foz 18-4-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos días os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” estivemos na parroquia de Cangas vendo algunhas necesidades. Algún veciño nos transmitía a necesidade de mellorar un aceso a unha vía bastante utilizada ó son da vía do tren, que une a ponte de Vilachá coa ponte da estrada LU-162, (estrada Cangas-Ferreira). Precisamente estamos a referirnos ó enlace que vai dende esta estrada hasta desembocar na subida a Vilachá, os vehículos que van dirección Ferreira e queren ir cara Vílacha teñen que invadir o carril contrario para acceder a esta pista por falta de espazo (axuntamos fotos).Entendemos que a LU-162 é unha estrada de titularidade da Xunta de Galicia e o camiño paralelo á vía do tren pode estar afectado por FEVE, e tamén habería que contactar posiblemente con algún particular para poder realizar esta obra.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Equipo de Goberno a facer as xestións necesarias para mellorar o aceso ó camiño da vía que enlaza a estrada LU-162 coa estrada da subida a Vilachá.

Exit mobile version