Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó ministerio de medio ambiente e costas do estado á construción duns servicios públicos na area do merendeiro da praia de Peizás

Foz 26-4-18. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Son numerosas as persoas que usan habitualmente e sobre todo no verán, a area de merendas da praia de Peizás. E cada vez mais destes usuarios nos piden a posibilidade de construír uns servicios públicos nesta zoa da praia para non ter que desprazarse ós que hai na outra punta da praia, tamén estes servicios darían servizo ós usuarios da praia que en marea chea non poden ir polo areal os servizos actuais e a aqueles usuarios que veñen paseando dende Llas e dan volta nesta area.

Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Ministerio de Medio Ambiente e Costas do Estado á construción duns servicios públicos na area de merendas da praia de Peizás.

Exit mobile version