Desde o BNG denuncian que o grande esforzo colectivo feito polos emigrantes da zona a prol da cultura e a educación d@s viveirenses, dotando á Terra de Viveiro do maior número de escolas fundadas polos indianos de todo o país non debería caer no olvido do goberno de Viveiro, titular de máis dunha ducia de antigas escolas unitarias, as cales algunhas delas permanecen sen darlles un uso desde que deixaron de ser un centro escolar, mentras outras pasaron a ser sede de asociacións veciñais, convertíndose en centros sociais da parroquia onde se ubican, mais sen contar cunha mínima, salvo en contadas excepcións, programación sociocultural regular.
@s nacionalistas, facéndose eco de varias queixas de asociacións viveirenses ás que o goberno municipal non lles sabe dar solución as súas peticións de espazos municipais, que veñen demandando hai tempo, para poder reunirse e/ou desenvolver as súas actividades, consideran que, sendo o concello de Viveiro titular de diversos espazos culturais e equipamentos, así como de centros sociais, entre eles as antigas escolas unitarias existentes nas parroquias do concello, se debería optimizar este importante patrimonio cultural dándolle un uso eficente aos recursos públicos no ámbito cultural e do ocio a través da posta en marcha, desde a concellaría de Cutlura do Concello dunha Rede de Centros Socioculturais Municipais que conten cunha programación regular e estable co obxecto de que estes equipamentos de uso comunitario fomenten a convicencia, acheguen a cultura e o coñecemento á poboación e impulsen a participación da veciñanza nestes espazos, a través do desenvolvemento de programas de ocio, sociais e de aprendizaxe e a través da prestación de diversos servizos desta Rede para facilitar e promocionar a realización de actuacións e actividades xestionadas desde o movemento asociativo.
A formación frontista propón asimesmo ao goberno de María Loureiro dotar de contidos estes espazos culturais e de ocio, planificando e coordinando a programación anual de actividades dos centros que integren a Rede de Centros a través da Concellaría de Cultura, xunto coas entidades veciñais e culturais que están a xestionar algúns dos centros sociais das parroquias, así como tamén o acondicionamento e mantemento dos Centros da Rede e habilitación de espazos dos Centros para poñer a disposición de entidades sen ánimo de lucro en concepto de cesión temporal ou puntual, atendendo ao que se estableza no Regulamento de Utilización Temporal de Espazos de Titularidade Municipal.