Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo de pais e nais que demanda o servizo de pediatría para os concellos de Alfoz e o Valadouro, ven de recoller un total 1762 sinaturas

Con elas estiman que se poderá esixir á Consellería de Sanidade un mínimo servizo de dous días á semana, no Centro de Saúde do Valadouro e outro no de Alfoz, con dereito de uso indistintivo, para veciños de senllos concellos. Ademais tentarán presentar mocións nos dous concellos para que os propios Alcaldes soliciten reunión co Conselleiro de Sanidade. Agardan a colaboración de todos os grupos políticos para que sexa unha realidade que os máis de 300 nenos e nenas do val teñan o servizo que están a demandar dende hai anos.

Exit mobile version