Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela realizará obras de mellora nos aseos e na zona de descanso de Afan. A edil de servizos sociais e o Alcalde pasaron nas últimas horas polo centro

Burela, 23 de abril de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, visitaron as instalacións AFAN (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas) para “coñecer o seu grao de satisfacción despois de que desde os Servizos Sociais lles proporcionaramos novas mesas para desenvolver as súas actividades de xeito máis cómodo. Así atendemos a petición que no seu día nos fixeron desde AFAN”.
Otero subliñou que “desde o Concello adquirimos o compromiso de seguir realizando actuacións. E así proximamente faremos obras para adecuar o aseo e a zona de descanso. Queremos así mostrar o noso compromiso de seguir colaborando con esta asociación que fai un traballo tan importante cos enfermos de alzheimer”.
A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “tamén proximamente sacaremos a concurso as subvencións por concorrencia competitiva da Área de Servizos Sociais para que esta asociación, ao igual que as outras de Burela, as poidan solicitar”.

Exit mobile version