Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo celebrará o XXXV Día do Xubilado o 1 de maio

O Concello de Cervo celebrará a XXXV edición do Día do Xubilado o 1 de maio. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste encontro e os veciños teñen ata o 20 de abril para anotarse na Casa do Concello, en Cervo, ou na Casa da Cultura, en San Ciprián; achegando unha fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe (se procede) e unha fotocopia da Cartilla de Pensionista. Ese mesmo día entregaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes días na Casa do Mar de San Ciprián, no que participan unha vintena de parellas (12 xogan ao tute e 10 ao parchís).

Exit mobile version