Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo, en colaboración coa Xunta e Ecoembes, acolleu no día de hoxe a campaña de reciclaxe “separar con xeito” que ten como obxectivo fomentar esta práctica entre a veciñanza

O stand instalouse na zona da Praza dos Campos e tivo moitísima aceptación, coincidindo ademais co día de mercado semanal de San Ciprián. Villares recordou que a política medioambiental é un dos piares na nosa liña de traballo e, de feito, son moitas as campañas que vimos desenvolvendo ao longo do ano para concienciar aos nosos veciños da importancia de separar correctamente os residuos e incluso de autoxestionalos, para o que facemos entrega de composteiros de balde a aquelas familias que o soliciten e xa son máis de 170 a día de hoxe as que contan cun colector na súa propiedade.

Exit mobile version