Deste xeito esta oficina é recoñecida como a mellor de toda España na súa categoría polo servizo que presta aos usuarios e clientes da empresa pública. Este premio, no que competían outras 250 unidades de toda España, recoñece o bo facer dos seus dezasete empregados, que tamén dá servizo aos concellos do Vicedo Xove e Ourol. Trátase dunha distinción da que todos nos debemos sentir orgullosos e pola que queremos transmitir a nosa felicitación.