Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro iniciou os trámites para executar as obras incluídas no proxecto denominado “Reforzo do firme no camiño denominado “Camiño Real da Costa-Núcleo Urbano de Celeiro”

Viveiro 10-4-18. O Camiño Real da Costa, no núcleo urbano de Celeiro, dá acceso a un grupo de vivendas sitas no lugar da Costa. A día de hoxe posúe un firme moi deteriorado polo tráfico rodado soportado e pola entrada de augas pluviais na plataforma do vial que provoca, debido aos baches existentes, numerosas charcas de auga.
O estado que presenta a capa de rodadura fai que o seu comportamento, fronte aos esforzos aos que é sometida, non sexa o máis apropiado para os fins que lle son encomendados.
A actuación que se pretende acometer consiste na mellora da capa de rodadura mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan; a capa de rodadura mellorarase mediante a aplicación de aglomerado en quente de 6 cm de espesor medio.
Estas obras serán financiadas integramente pola Deputación Provincial de Lugo co remanente do Plan Único 2017, tendo un presuposto de contrata de 6.049,88 euros.

Exit mobile version