Site icon Crónica3.com A Mariña

O pavillón Vista Alegre, de Burela, acolle este domingo o torneo de xadrez “Reyes y Peones”, que se está a disputar nas categorías Sub10, Sub14 e Absoluta

Nas dúas primeiras haberá medallas para tod@s e na Absoluta trofeos para os tres primeiros clasificados/as. A actividade enmárcase na Semana do Deporte, que organizou o Concello de Burela. Esta mañá tivuo lugar a Baixada BTT Enduro Monte Castelo (con remontes), que saíu da praza do Concello para despois celebrarse entre as 10 e as 14 horas no Monte Castelo. A Semana do Deporte concluirá mañá, luns, coa charla “Consellos podolóxicos deportivos”, que correrá a cargo de Eva Rubal. Será no salón de conferencias ás 20:30 horas. Un pouco antes, ás sete da tarde, emitirase desde Burela o programa da Radio Galega “Convivir deportivo co Burela FS”, que presentará Alfonso Pardo desde o auditorio da Casa da Cultura.

Exit mobile version