Nunha cita de ti a ti, con fluidez de balón, foron os mariñáns os que tomaron a iniciativa goleadora con dobre diana de Colacha antes da medianía do primeiro acto. Nun erro defensivo, o Noia reduciu distancias pouco despois. De novo, o Pescados Rubén ampliou a fenda nos últimos minutos con Matamoros e Héctor.
Tras o descanso, con 1-4, o encontro tomou máis un ton de control por ambos os lados. No 37, Víctor asestou o golpe definitivo, aínda que os coruñeses puideron maquillar o electrónico nos últimos segundos con Kohei en dobre penalti.
Copa Galicia
O Pescados Rubén regresará xa á pista o luns, coas semifinais de Copa Galicia fronte ao Esteo FS en Ferrol (A Malata, 19.00 horas). O Parrulo FS e Santiago Futsal protagonizarán a outra semifinal (21.15 horas). O título irmandiño decidirase o martes, 1 de maio, ás 18.00 horas, precedido da I Minicopa Infantil, con semifinais pola mañá desde as 10.00 horas e final ás 16.00 horas.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli: Zardoya, Borja González, Quique Caneda, Kohei, J. Bello, cinco inicial; tamén xogaron Christian, Marci Fernández, Kelson, Dani Quintela, Samu Lastra, Xuxa, Nené
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Cora, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Héctor, Víctor, Matamoros, Colacha, Adilson
Goles: 0-1, minuto 9, Colacha; 0-2, minuto 10, Colacha; 1-2, minuto 11, Renato (p.p.), 1-3, minuto 16, Matamoros; 1-4, minuto 17, Héctor; 1-5, minuto 37, Víctor; 2-5, minuto 40, Kohei (d.p.), 3-5, minuto 40, Kohei (d.p.)
Árbitros: Menéndez Nistal // Vilas López. Por Noia amarela para Kohei, Samu Lastra
Incidencias: Partido correspondente á xornada 30 de Segunda LNFS, disputado no pavillón municipal de Noia.