Viveiro, a 13 de abril de 2018. O PP de Viveiro constata unha vez máis a irresponsable maneira de xestionar da Sra. Alcaldesa, e decimos isto porque despois de que o pasado 4 de abril se aprobasen os presupostos municipais para o 2018 – co voto en contra do noso grupo – atópamonos coa desagradable sorpresa de que o Fondo de Continxencia para o pago de sentenzas xudiciais para a devolución dos ingresos indebidos de ICIO – imposto de construcción, obra e instalacións – aumentaba ata os 501.100 €, e moitos nos temenos que non será o último ano no que esta cifra sexa importante. Nos presupostos do 2017 este apartado xa fora elevado sendo de 320.000 €.
Cando se solicita unha licencia municipal de obra, tense que depositar a taxa e o imposto correspondiente para que sexa tramitada, pero cando a licencia non é concedida, a empresa ou titular correspondiente, solicita a devolución do importe anticipado, sendo o normal proceder da administración municipal devolver ese diñeiro, posto que non se concedeu a licencia solicitada.
Sin embargo no noso Concello e á vista dos datos parece que non acontecía así e non se devolvían as cantidades correspondientes en tempo e forma, obligando ós solictantes da devolución a ir a un contencioso que en moitos casos se perderon o que obligou logo ó Concello a ter que pagarlles o principal, os intereses, as costas e os gastos de avogados, co conseguinte perxuicio económico que isto supón para as arcas municipais.
Como exemplo dalgún destes Contenciosos perdidos sinalar os seguintes: por un principal aproximado de 98.000 €, houbo que devolver o principal máis 33.000 € de intereses, por outra licencia de 68.000 € houbo que devolver principal máis 25.000€ de intereses, por outra de 123.000 € de licencia haberá que devolver principal máis 60.000 € de intereses, é dicir que en solo tres licencias non outorgadas e que polo tanto obrigaron á empresa a ir ós correspondientes contenciosos, supuxeronlle ó Concello, só de intereses, preto de 120.000 € ós que hai que sumar costas , procuradores e avogados, diñeiro que se podía ter aforrado ou invertido en algo beneficioso para os veciños de Viveiro si se houbesen devolto as cantidades solicitadas en tempo e forma.
Ante esta gravosa e irresponsable forma de xestionar para os intereses do Concello e polo que no próximo Pleno lle imos formular á Sra. Alcaldesa algunhas preguntas relacionadas con este asunto:
– A cantas se lles denegou a súa solicitude e por que?
– Cantas foron ó Contencioso?
– Cantos importes de licencias non concedidas houbo que devolver?
– Canto se pagou por cada unha de principal, intereses, costas, abogados e procuradores?
Dende o PP de Viveiro agardamos que se nos den respostas a estas preguntas , que sin dúbida poñen de manifesto un claro sinal de identidade deste goberno municipal, que non é outro que o da súa nula xestión económica que condea unha e outra vez ós veciños de Viveiro a pagar os seus desmáns.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro