Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pon en valor a importancia da mellora xenética para facer máis rendibles as explotacións gandeiras da provincia

Lugo,19 de abril de 2018.- O PP pon en valor a importancia da mellora xenética para facer máis rendibles as explotacións gandeiras da provincia. Así o puxeron de manifesto na visita realizada este xoves a Xenética Fontao S.A, e na que participaron os membros da Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandeiría e Montes do Grupo Parlamentario Popular (o voceiro José González; o presidente da Comisión, Moisés Blanco Paradela; Encarna Amigo, Raquel Arias e Daniel Vega), ademais o presidente do PP de Lugo, Ramón Carballo, o voceiro do Grupo Municipal, Antonio Ameijide, e o edil de Medio Rural, Manuel López.

Os populares, e así o abordaron tamén na reunión posterior que a presidenta Provincial e o secretario Xeral, Elena Candia e Carlos Armesto, mantiveron cos deputados autonómicos, destacaron a necesidade de “seguir traballando dende as administracións para impulsar políticas que contribúan a mellorar a rendibilidade do sector, sobre todo, se temos en conta o importante peso que ten o sector na economía da na provincia de Lugo”.

Son, precisamente, os programas de mellora xenética os que están a contribuír ao incremento da capacidade produtiva tanto na súa cantidade como na calidade, e para os que existe un compromiso político e orzamentario por parte da Xunta de Galicia.

Os populares elixiron esta empresa pública, que está financiada no seu conxunto entre o Goberno galego e as principais asociacións de gandeiros galegos, como é o caso de ACRUGA, FEFRIGA (Federación Frisona Galega) por ser ademais líder na materia. Proba delo, son os numerosos certames e eventos de certificación, tanto nacionais como internacionais, nos que os touros de Xenética Fontao acadan recoñecidos premisos e distincións, en recoñecemento á produción de sementais de extraordinaria calidade xenética.

Deste xeito, segundo datos facilitados pola consellería de Medio Rural, esta aposta pola mellora da xenética está a ser determinante no aumento da produción láctea na Comunidade, incrementándose esta, con respecto ao pasado ano, en máis dun 5%, chegando a superarse en 2017 as 230.000 toneladas de leite.

Galicia conta con 32.983 explotaciones de vacuno -tanto de leite como de carne- segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). Destas, a maior parte están na nosa provincia, onde o número de reses se duplicou en cada granxa ata alcanzar unha media de 19,3. Este aumento supón en termos porcentuais un 34% máis na última década.

En A Coruña a media achégase á galega, con 16; e en Pontevedra e Ourense, sitúase en 13,5 e 12, respectivamente.

A Granxa Gayoso, “o salvavidas dos gandeiros que nunca chegou a selo”
A este respecto, puxeron en valor o traballo de Xenética Fontao, pois grazas á súa xesito faise unha mellor recría e a futuras novillas convertiranse en vacas cunha produción de maior calidade. Neste senso, lamentaron que a Deputación, que anunciou o Centro de Recría da Granxa Gayoso “como o salvavidas dos gandeiros que nunca chegou a selo”, aínda non avanzase neste proceso, a pesares de que cada vez é máis demandado polos produtores para obter unha boa cabana gandeira.

Os deputados autonómicos explicaron as iniciativas impulsadas e apoiada polo o Goberno da Xunta e que están a ter “unha boa repercusión para que cada vez máis xente quede no rural e máis xente poida vivir del”. Citaron así a Política Agraria Común (PAC) ou o convenio asinado pola administración autonómica con Cecagol, destinado á realización de probas para determinar o rendemento leiteiro do gando vacún dentro do Programa Galego de Selección e Mellora da Raza Frisona para o período 2016-2019. O orzamento máximo establecido do mesmo é de 2,6 millóns de euros.

Exit mobile version