Para conmemorar o XX Día do Xubilado do Concello de Burela terá lugar unha recepción aos xubilados na Casa da Cultura e posteriormente unha comida amenizada con música de orquestra. O Concello fará entrega aos asistentes dun detalle conmemorativo da xornada, e habilitará autobuses para o desprazamento desde a Casa da Cultura ao recinto onde terá lugar o xantar.
A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, lembrou que “este equipo de goberno decidiu recuperar no 2016 a celebración do Día do Xubilado, xa que cremos que é de xustiza recoñecer o papel dos nosos maiores polo que nos ensinaron, nos ensinan e nos seguirán ensinando”.
A edil socialista subliñou que “é unha actividade totalmente gratuíta. Pretendemos que sexa un acto de agradecemento para os nosos maiores, e que poidan tomar ese día como unha xornada de celebración e de encontro entre veciños que non se ven coa frecuencia que quererían”.