Site icon Crónica3.com A Mariña

Os días 27 e 28 de abril haberá unha degustación de tapas en Foz na que se dan cita 11 locais hostaleiros. A iniciativa está organizada polo Centro Comercial Aberto

Foz, 20 de abril de 2018. Once locais hostaleiros participarán os días 27 e 28 de abril na Degustación de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Serviranse o venres de 20 a 23 horas e o sábado de 13 a 15 horas pola mañá e de 20 a 23 horas pola noite. O prezo da tapa será de 2 euros.
Os establecementos que se dan cita nesta degustación gastronómica son: Aroma Café, Cafetería Mayros, Happy Days, Cafetería Express, Cafetería Pastelería Anduriña, O Lar de Bustos, Bar 78, Casa Maño, Restaurante Costumes do Mar, Fraggle Rock Café e Restaurante Dandy.
O evento foi presentado por Ramón Río, Celia Núñez e Rubén Rodríguez, membros da directiva do CCA focense, que animan “a toda a xente a saborear estas propostas que van atopar en 11 locais o venres e o sábado próximos”.

Exit mobile version