
A praza da Mariña foi escenario esta mañá dun circuíto infantil de BTT e Educación Vial do que gozaron tod@s os que ata alí se achegaron entre as 11 e as 13 horas. O domingo, terá lugar a baixada BTT Enduro Monte Castelo con remontes que sairá ás 9:50 da praza do Concello. E pola tarde no pavillón Vista Alegre de 16 a 20 horas celebrarase o Torneo de Xadrez “Reyes y Peones”. A Semana do Deporte concluirá o vindeiro luns, 9 de abril. Nas últimas horas pasaba por este evento Jordan Bachynski, pívot do Obradoiro CAB, que aproveitou a súa estancia en Burela para visitar o barco museo Reina del Carmen.