Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños de Alfoz demostraron o seu potencial artístico na 3ª xornada das Olimpíadas Interparroquiais 2018

Alfoz, 23 de abril de 2018. Os veciños de Alfoz demostraron todo o seu potencial artístico na 3ª Xornada das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz 2018. Cada equipo presentou a un ou varios representantes que realizaron unha actuación de aspecto artístico, pudendo desfrutar os asistentes de bailes, representacións e ata programas de televisión.
Esta terceira xornada segue deixando na cabeza da clasificación xeral o equipo da parroquia de Castro de Ouro, que foi tamén o gañador da xornada segundo o xurado composto por Suso Rubio, Técnico da OMIX do Concello de O Valadouro; Rosa Fidalgo, Escritora (Vilalba); Manuel Arango, Concelleiro de Cultura do Concello de Lourenzá; Pilar López, Técnica de Cultura do Concello de Foz e Eva Lastra, Mestra de música do CEIP Castro de Ouro de Alfoz.
O presentador foi Luis Miguel Yáñez, presidente do Grupo Teatral Raiolas, colectivo coorganizador das probas artísticas.
O vindeiro sábado 28 é a quenda dos xogos populares, última xornada de esta V edición das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, onde as parroquias estarán representadas por equipos mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 10 participantes e unha parella formada por un neno e unha nena de ata 12 anos de idade, repartíndose en catro xogos diferentes: brilé, carreira de carretillas, recollida de carocas e lanzamento de pacas de palla.

Exit mobile version