Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do PP de Viveiro para o pleno de maio sobre as árbores do parque Pernas Peónn

Viveiro 25-4-18. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

No Pleno do 7 de Febreiro de 2018, este grupo municipal fixo unha serie de preguntas dirixidas ó concelleiro de Medio Ambiente sobre a plaga da procesionaria no Parque municipal Pernas Peón, en concrecto na zona dos piñeiros situados frente ó camping . A resposta da Sra Alcaldesa foi que unha vez que a procesionaria toma o pinar a súa eliminacion é moi difícil, o que supón unha extricta dedicación que pode durar anos , sendo esta responsable en gran medida dun numero importante de piñeiros secos .

Según os expertos de Medio Rural para eliminar a plaga, o recomendable é cortar as arbores máis afectadas , xunto coa aplicación doutros medios para minimizar a plaga en cuestión . A día de hoxe e desde fai unhas semanas, en dita zona hai un pino no chan sin que naide do Concello se preocupe de dar a orde de retiralo.

Por outra banda síguenos preocupando a situacion que xa fixemos constar no pleno do 7 de xuño do 2017, onde advertíamos da situacion dalgúns eucaliptos grandes – en concreto tres – que estaban secando e podían constituir un risco para as persoas que transitan por esta zona. En dito pleno se nos respostou por parte da Sra Alcaldesa que, según os tecnicos existían cinco arbores que presentaban perforacións, que ben poderían se rintencionas e posto que se trata de arbores de gran porte situados nunha zona moi transitada e con edificios próximos, se aconsellaba efectuar a corta ahora ou no mes de setembro, acción que ata o de agora non se levou a cabo .

A todo o exposto anteriormente habería que engadirlle a presencia doutra arbore coas ramas secas ó lado da pista de cemento, co que podemos concluir que a situación actual da arboreda do parque Pernas Peón e as portas do verán, segue igual ou peor que cando o noso grupo efectou as preguntas reseñadas no pleno de xuño de 2017, o que sin dúbida sigue poñendo en perigo os usuarios que acostumbran a pasear por estas zonas.

Por todo o exposto lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

1. Son conscientes da mala situacion actual da arboreda de dito Parque?

2 – En caso afirmativo, que medidas pensan levar a cabo, dunha vez por todas, para evitar riscos ou accidentes ós usuarios que transitan polo parque e mesmo a aglomeración de persoas acampando como sucede con motivo do festival do Resurrection Fest?

3 – Cales foron os motivos polo que nun se fixo a corta de todas as arbores en malas condicións nas datas que se nos indicaron no pleno de xuño de 2017?

Exit mobile version