
Este sábado día 14 ás doce da mañá, na Librería Bahía acollemos a presentación e contacontos do conto “Carlitos, El magoo de la mente”, da autora Ana Isabel Fraga que estará con nós realizando esta actividade. Xunto con ela, contaremos tamén coa presenza da ilustradora do libro e irmá da autora, Olga María Fraga. O libro trata dos medos infantís e, á vez que un conto, é un método que axuda tanto aos nenos coma ás nais e pais a manexar estes medos.