Seguen en Burela as actividades da Semana do Deporte, que organiza o Concello
redac
Esta venres a dietista e nutricionista Cristina Rodil visitou os Ceips Vista Alegre e Virxedo Carme para falarlle ao alumnado sobre a alimentación saudable. A charla foi moi amena, xa que os rapaces e rapazas interactuaron coa conferenciante. Pola tarde será Camilo Vázquez, do 061, o que fale sobre “Primeiros auxilios no deporte, aprende a salvar unha vida”. Será no pavillón Vista Alegre de 19 a 21 horas.
A Semana do Deporte seguirá esta fin de semana con diversas actividades e rematará o vindeiro luns, 9 de abril.