Despois das xornadas deportivas, foi a quenda das probas culturais onde os participantes dos distintos equipos tiveron que enfrontarse, por parroquias, as probas de ‘Un, dous, tres’, ‘Trivial Pursuit’ e ‘Stop’.
Esta segunda xornada segue deixando na cabeza da clasificación xeral o equipo da parroquia de Castro de Ouro con 348 puntos, e pon en segundo posto o gañador da xornada, o equipo da parroquia de Lagoa con 238 puntos na clasificación xeral.
O vindeiro sábado 21 é a quenda da proba artística onde cada parroquia presentará a un ou varios representantes, que realizarán unha actuación dun máximo de 12 minutos dalgún aspecto artístico da súa elección: música, baile, teatro, monólogos, chistes, etc. Cada equipo sumará á clasificación xeral a puntuación obtida na valoración do xurado.