Site icon Crónica3.com A Mariña

Soto 2-3 Pescados Rubén

Burela 14-4-18. As pupilas de Julio Delgado e Lucas aferráronse aos tres puntos na pista dun correoso Soto del Real (2-3), cumprindo coa quinta vitoria consecutiva, resolvendo no último cuarto da cita.

Judith transmitía boas vibracións para as galegas, topándose coa rede xa no minuto 4, cun disparo raso. Con todo, as locais conseguiron igualar antes de chegar ao ecuador da primeira parte grazas a Stone a pase de Coral. Malia levar a batuta, as laranxas non tiveron máis remedio que conformarse co 1-1 ao descanso.

Máis dominio visitante na segunda parte, pero sen finalización, e así saltaba o xogo de cinco á cancha, no minuto 27. As madrileñas aproveitaron a porta baleira para adiantarse no minuto 31, con Chili en xogada persoal. No entanto, as galegas recuperaron as táboas ao marcador tan só un minuto despois, con Tai, e Cami deixou de manifesto a súa brillantez no 2-3, no 34, pola escuadra.

Ficha técnica

VP Soto del Real: Marlasca, Murchi, Stone, Gabs, Chili, cinco inicial; tamén xogaron Coral, Ana, Sandra, Jaione,

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cami, Jenny, Sara Correia, cinco inicial; tamén xogaron Judith, Cilene, Lara, Tai

Goles: 0-1, minuto 4, Judith; 1-1, minuto 9, Stone; 2-1, minuto 31, Chili; 2-2, minuto 32, Tai, 2-3, minuto 34, Cami

Árbitros: Mayo López //Sánchez Martín (Colexio Madrileño).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 24 de Primeira RFEF disputado no pavillón municipal de Soto

Exit mobile version