Site icon Crónica3.com A Mariña

Trofeazo na carreira absoluta de Friol das cadetes do Madeiras Barcia, cun 3º posto por equipos (Ana, Mariña, Uxía, Carme e Marta). Ademais títulos individuais para Manu Rodríguez en infantil e Hugo López en alevín. Rematando cun bronce para Henar

Lourenzá 24-4-18. Nova actuación sorprendente nunha proba, neste caso a de Friol o pasado domingo dun excelente día de competición.
Alevín:
Triunfo de Hugo López no apartado masculino e bronce para Henar Méndez.
Infantil:
Triunfo de Manu Rguez. e 5ª posición para Ian Méndez.
Absoluta:
Meritoria terceira posición das cadetes que competiron na proba absoluta de 5 kilómetros. Ana Vallines entraba 4ª cadete e 138 da xeral en 22,43; Mariña 147 en 22,57; Carme 152 en 23,03; Uxía 153 en 23,03 e Marta 206 en 25,57. Primeiro posto por puntuación o cadro local Friol, segundo Verxel de Lugo e terceira posición para as rapazas de Lourenzá.
Ademáis, competiron nesta proba absoluta Pablo Irimia e Anxo Edrosa

Exit mobile version