Site icon Crónica3.com A Mariña

Un botin de 4 medallas de ouro, acadaron os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro, no campeonato galego de milla en ruta de veteranos

Viveiro 10-4-18. O pasado domingo, celebrouse na capital galega, o Campeonato Galego de Milla en ruta coa participación dun importante número de atletas de distintos clubes de Galicia, facendo das rúas de Santiago unha pista de atletismo donde o numeroso público asistente desfrutou dun ambiente deportivo.
Os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro, fixeron unha gran proba acadando 4 campeonatos de Galicia, no apartado femenino proclamáronse campeonas galegas: Elisa Paz na categoria de W55 e Susana Parguiña en W50. Os seus compañeiros tamén se proclamaron campeóns Galegos: Domingo Álvarez en M65 e o super veterano Antonio Cabana en M75. Outros atletas como Jose Luis Meizoso, acadou o quinto posto en M60 e o seu compañeiro Fermin Pan, o sexto posto na mesma categoría. Outro atleta que tamén competiu foi Andrés Piñon en M45 que rematou na novena posición.
A próxima proba que contará con participación de atletas do clube viveirense será o próximo domingo na Coruña, o Campeonato Galego de Maratón.

Exit mobile version