No proxecto, que ten unha duración de dous anos, participan España, Grecia, Portugal, Rumanía, Turquía e Lituania; e será no vindeiro mes de outubro cando recibiremos en Cervo a tres alumnos de cada un dos países incluídos no programa, acompañados por 2 profesores; en cada caso.
Villares e Caramés quixeron felicitar ao profesorado do CEIP de Cervo por adherirse a este programa que “é unha aposta pola internacionalización da educación e que estamos convencidos de que será beneficioso para o desenvolvemento persoal dos rapaces e rapazas que participan e que poderán tomar contacto con diferentes idiomas e culturas e convivir con nenos e nenas doutros países europeos”.
Froito deste programa, tres alumnos do CEIP de Cervo, acompañados polos seus profesores partirán xa cara Grecia o vindeiro 21 de maio, e estarán unha semana compartindo experiencias co alumnado dun colexio deste país.