Site icon Crónica3.com A Mariña

Xantar mítin do PP de Xove

Xove, a 9 de abril de 2018. O domingo 22 de abril de 2018 as 14:00 horas terá lugar no Restaurante Louzao (Area) un xantar-mitín organizado polo Partido Popular de Xove para afiliados e simpatizantes que queiran disfrutar do bo ambiente. Contamos xuntarnos e charlar distendidamente entre todos os que compartimos a mesma ideoloxía e tamén con outras persoas que nos queiran acompañar.

Xuntos deixaremos claros os ideais do Partido Popular e tamén así, toda a familia que formamos este Partido, amosaremos a mesma ilusión e ganas de traballar que caracterizan o noso equipo.

Contaremos coa presencia de varios representantes do noso Partido e tamén con todo o equipo de goberno, que coma ti, formamos parte da gran familia do Partido Popular.

O prezo do xantar é de 25 € por comensal e pódese contactar nos teléfonos 625 06 22 46 e 690 650 631 ou personalmente con calquera membro da directiva do P.P. de Xove para recoller a entrada antes do 16 de abril.

Agradecemos tamén de antemán a todos os medios que o transmitedes por si outros interesados nos quixeran acompañar nesta xornada.

Demetrio Salgueiro Rapa
Presidente do Partido Popular de Xove.

Exit mobile version