Site icon Crónica3.com A Mariña

154 alumn@s e 10 profesores do Colexio Sagrado Corazón viron este xoves a película “Red de libertad” en Cine Ribadeo

Alumnos do colexio Sagrado Corazón, concretamente de 1º a 4º da ESO, e dez profesores viron hoxe, xoves, en Cine Ribadeo a película Red de Libertad. A dirección do centro educativo ribadense explicou que “con motivo da celebración de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, o colexio Sagrado Corazón promoveu a proxección en Cine Ribadeo da película Red de Libertad (2017). Nela a actriz Asumpta Serna encarna a figura de Helena Studler, filla da caridade que na Francia da segunda guerra mundial creou unha rede que empezou asistindo ós prisioneiros dos campos alemáns e que axudou a fuxir ata a 2.000 persoas das mans dos nazis. A película fai visible o carisma vicenciano: estar presente cos que sofren”.

Exit mobile version