Site icon Crónica3.com A Mariña

154 lucenses deixan o paro, o 10% con contratos indefinidos e o 90% a xornada completa, co Ben Empregado 4

Lugo, 15 de maio de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos, recibiu este martes na Praza de San Marcos aos 154 lucenses actualmente no paro que retoman a súa traxectoria laboral noutras empresas e colectivos sociais da provincia grazas ao Ben Empregado 4, máis social. Fíxoo na xornada na que traballadores e empresas se coñeceron antes de formalizar durante os vindeiros 5 días os seus contratos. O 10% dos mesmos serán indefinidos e o 90% a xornada completa segundo o compromiso asumido polas entidades participantes. No acto tamén participaron a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos.

Campos Conde destacou que “na primeira e segunda edición do Ben Empregado conseguimos unha inserción laboral do 35%, é dicir, que 171 persoas continúan a día de hoxe nos seus postos de traballo cando xa rematou o período de 1 ano subvencionable por parte da Deputación. Agardamos que este alto nivel de inserción laboral, que non acadan os plans de calquera outra institución, siga a medrar. Para iso, é imprescindible a implicación, non só deste Goberno da Deputación coa que contades, senón de empresarios e traballadores. Xuntos podemos demostrar que é posible facer fronte ao paro con políticas que verdadeiramente xeren empregos dignos e de calidade. Xuntos podemos demostrar que o emprego non ten por que ser precario, por poucas horas, sen conciliación, con salarios claramente insuficiente para vivir…que é o que, por desgraza, vemos que son os que as administracións coas competencias directas, Xunta de Galicia e Goberno Central, están a incentivar. Co Ben Empregado demostramos que outras políticas de emprego son posibles”. Compre lembrar que, dos case 20.000 contratos que se asinaron no primeiro trimestre de 2018 na provincia, o 87,3% son temporais, algúns só de 1 día e ata de horas, situación a que tenta facerlle fronte, na medida das súas posibilidades, a Deputación aínda que carece de competencias en materia de emprego.

“Nós cremos no talento, a intelixencia e a capacidade da nosa xente e por iso investimos 2,2 millóns de euros nesta última edición deste plan de emprego. Pensamos que non hai investimento mellor que o que axuda ás persoas a ter un traballo digno e ás pemes, autónomos e asociacións lucenses a aumentar a súa actividade, o que redunda en beneficio de toda a provincia”, destacou Campos Conde.

A testemuña dun participante, que simboliza a esencia do Ben Empregado
Na primeira toma de contacto entre os novos traballadores e as súas empresas tamén interviu Xosé Lois Lamazares, o coordinador da empresa chantadina Lugar da Veiga, unha empresa de éxito que ten participado en anteriores edicións do Ben Empregado e que simboliza os valores polos que aposta a Deputación. Lugar da Veiga contratou 3 traballadores, que continúan na empresa, a través do Ben Empregado. Esta empresa incluída polo xornal “Financial Times” nunha lista das mil empresas que máis medran en Europa é un exemplo dos valores e do compromiso social que defende a Deputación e que son a esencia do Ben Empregado.

“A nosa valoración deste programa é moi positiva, xa que coas tres persoas que se incorporaron á empresa puidemos crear estrutura. Nós non solicitamos subvención para contratar postos de traballo propios da empresa, penso que os postos básicos ten que defendelos o propio proxecto, senón que aproveitamos a axuda para a creación de estrutura, algo que é complicado por falta de recursos pero pódese facer coa axuda de este programa”, explicou Xosé Lois Lamazares, que tamén detallou o funcionamento da sociedade, que se caracteriza polo elevado grao de participación e compromiso dos socios e traballadores.

“Levamos desde 2005 e hoxe somos un proxecto consolidado vinculado á economía social, anímovos a incorporar a filosofía da economía social ás vosas empresas porque vai ser rendible”, rematou o coordinador de Lugar da Veiga.

Oferta de 27 novos postos de traballo
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, anunciou que hoxe mesmo publicouse a relación de 27 novos postos que quedaron vacantes, de maneira que calquera desempregado lucense poderá inscribirse para optar a estas prazas na Axencia de Colocación da Deputación. As persoas interesadas poden apuntarse presencialmente na propia Axencia ou ben telemáticamente a través da páxina web http://benempregado.deputacionlugo.org/index.php.

López Izquierdo tamén instou aos empresarios participantes no Ben Empregado 4 a fomentar a motivación dos seus traballadores e a asumir os principios de corresponsabilidade. Ademais, a Deputada de Promoción Económica e Social lembrou que “dende a Deputación defendemos o dereito dos traballadores a unhas condicións laborais e un salario dignos, polo que fomos unha administración pioneira no establecemento de cláusulas sociais nos contratos coas empresas que nos prestan servizos”. E tamén destacou que “consideramos fundamental detectar as necesidades do posto de traballo e ofertar un perfil acorde con él. Neste sentido, na Deputación podemos axudar a través da Axencia de Colocación, os nosos técnicos poden axudar a definir o perfil e buscar o candidato máis adecuado”

Axudas de ata 22.000 euros
O Ben Empregado 4, máis social inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, ademais de facer fronte á taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses. O organismo provincial asume ao 100% os custes laborais de 19 traballadores con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, ao 90% a contratación de 39 novos empregados en asociacións da provincia e o 50% de123 traballadores en xeral.

Dos 154 novos postos de traballo, 79 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de concellos da Comarca de Lugo, 24 da Comarca da Terra Chá, 18 en Concellos de Lemos e Chantada, 11 son na Mariña, 10 na da Montaña, 9 na de Sarria e 3 na da Ulloa.

Comarca de Lugo
A distribución dos 79 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 4 Concellos da Comarca de Lugo son os seguintes:

– Son 45 empresas as que contratarán a 45 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Guntín, 1 aprendiz mecánico; en Lugo, 1 mozo especializado, , 1 auxiliar administrativo, 1 dependente carnicería, 1 axente comercial de seguros, 1 dependente tenda produtos ecolóxicos, 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 esteticista, 1 auxiliar administrativo, 1 xefe de 1ª administrativo contable, 1 axente de viaxe e administración, 1 mecánico oficial terceira, 1 educador, 1 peón panadería, 1 peón de xardinaría, 1 axudante estética, 1 auxiliar administrativo, 1 aparellador, 1 fontaneiro, 1 oficial 1ª albanel, 1 axudante de cociña, 1 enxeñeiro técnico, 1 auxiliar de gardería, 1 licenciado en dereito, 1 modista, 1 deseñador gráfico, 1 auxiliar administrativo, 1 albanel oficial de segunda, 1 técnico veterinario, 1 axudante dependente, 1 auxiliar administrativo, 1 dinamizador de alumnado, 1 peón mantemento, 1 axudante de cociña, 1 psicólogo xeral sanitario, 1 responsable de atención ao cliente, 1 repartidor, 1 auxiliar de farmacia, 3 camareiros, 1 mozo de almacén e 1 axudante de cociña; no Corgo, 1 técnico especialista delineación industrial, e 1 peón serradoiro; en Outeiro de Rei, 1 repartidor.

– Son 7 as empresas que contratarán a 7 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Lugo, 1 auxiliar administrativo, 1 camareiro, 1 operario lavandaría, 1 axente comercial, 1 axente comercial, 1 limpador, 1 caixeiro comercio.

– Son 27 os colectivos sen ánimo de lucro que contratarán a 27 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Lugo, 1 monitor/a deportivo xadrez; 1 monitor deportivo de xadrez, 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 licenciado – grao en ADE, 1 enxeñeiro/a técnico obras públicas, 2 educadores sociais, 1 axente comercial e administrativo, 1 licenciado en ciencias químicas, 1 licenciado/a en dereito, 1 telefonista – recepcionista, 2 auxiliares administrativos, 1 técnico superior en administración e finanzas, 1 técnico superior artes aplicadas e deseño, 1 psicólogo, 1 licenciado en bioloxía, 1 administrativo, 1 dinamizador comunitario, 1 técnico de emprendemento, 1 administrativo, 1 educador, 1 técnico informático, 1 administrativo dinamizador e monitor, 1 traballador social apoio familias, 1 animador sociocultural, 1 técnico de atención a terceira idade.

Terra Chá
A distribución dos 24 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 5 Concellos da Comarca da Terra Chá son os seguintes:

– Son 18 empresas as que contratarán a 16 desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Abadín, 1 auxiliar de produción en viveiro de plantas; en Castro de Rei, 1 mecánico-recambista, 1 axudante de cociña; en Cospeito, 1 palista, 1 dependente/a, 1 albanel; en Meira, 1 repartidor, 1 oficial de servizos; en Vilalba, 1 dependente, 1 axudante camareiro, 1 dependente/a, 1 axudante de camareiro/a, 1 auxiliar administrativo/a, 1 pintor, 1 camareiro/a, 1 peón fabricación de queixos.

– Son 4 empresas as que contratarán a 4 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castro de Rei, 1 dependente e 1 peón limpeza; en Vilalba, 1 administrativo e 1 camareiro/a.

– Son 2 os colectivos sen ánimo de lucro que contratarán a 2 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Vilalba, 1 oficial administrativo e 1 xestor/a deportivo taekwondo.

Lemos e Chantada
A distribución dos 18 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 4 Concellos das Comarcas de Lemos e Chantada son os seguintes:

– Son 12 empresas as que contratarán a 12 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Chantada, 1 montador de mobles, 1 dependente, 1 axudante cociña, 1 delineante, 1 condutor de maquinaria, 1 dependente pastelería; en Monforte de Lemos, 1 administrativo, 1 axudante de camareiro; no Saviñao, 1 monitor de tempo libre, 1 carpinteiro, 1 repartidor de panadería; en Taboada, 1 soldador.

– Son 2 empresas as que contratarán a 2 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Monforte de Lemos, 1 axudante de cociña, 1 técnico/a comercial.

– E 4 colectivos sen ánimo de lucro contratarán a 4 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Chantada, 1 creativo/a audiovisual en animación e motion graphics, 1 xestor/a en comunicación e 1 enxeñeiro/a técnico/a agrícola; en Monforte de Lemos, 1 técnico/a auditor/a.

A Mariña
A distribución dos 11 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 7 Concellos da Mariña son os seguintes:

– Son 9 empresas as que contratarán a 9 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Barreiros, 1 auxiliar administrativo/a e comercial; en Foz, 1 recepcionista-limpador; en Mondoñedo, 1 oficial 1ª albanel; en Ribadeo, 1 técnico de xestión medioambiental, 1 oficial 1ª electricista, 1 dependente comercio papelería/libraría, 1 comercial consultor enerxético; en Viveiro, 1 carpinteiro/a – ebanista; en Xove, 1 comercial.

– E son 2 os colectivos sen ánimo de lucro os que contratarán a 2 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Cervo, 1 traballador social; e en Viveiro, 1 auxiliar administrativo.

A Montaña
A distribución dos 10 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 6 Concellos da Comarca da Montaña son os seguintes:

– Son 7 empresas as que contratarán a 7 desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: Na Fonsagrada, 1 axudante camareiro, 1 animador/a sociocultural, 1 axudante cociña; en Baralla, 1 peón forestal – oficial de segunda; en Becerreá, 1camareiro; en Cervantes, 1 condutor desbrozador; e en Negueira de Muñiz, 1 axudante de cociña.

– E 1 empresa contratará a 1 desempregado lucense con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: na Fonsagrada, 1 peón de construción.

– Son 2 colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Cervantes, 1 informador cultural; en Folgoso do Courel, 1 técnico/a de proxectos de fundación.

Sarria
A distribución dos 9 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 3 Concellos da Comarca de Sarria son os seguintes:

– Son 7 as empresas que contratarán a 7 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Paradela, 1 oficial de 1ª en cepillado; en Sarria, 1 persoal de atención albergue, 1 dependente, 1 auxiliar de xeriatría, 1 axudante ebanistaría; en Triacastela, 1 persoal de atención albergue e 1 camareiro pisos.

– Son 2 colectivos os que contratarán a 2 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Sarria, 1 técnico/a superior en administración de sistemas informáticos e 1 oficial de mantemento.

A Ulloa
A distribución dos 3 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos 2 Concellos da Comarca da Ulloa son os seguintes:

– Son 3 as empresas que contratarán a 3 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Monterroso, 1 axudante de perruquería , 1 auxiliar administrativo, e Palas de Rei, 1 técnico/a superior en procesos de calidade na industria alimentaria.

Exit mobile version