Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG vai desenvolver unha xornada nacional de mobilizacións este martes, en defensa do sistema público de pensións

A Mariña 19-5-18. A CIG vai desenvolver unha xornada nacional de mobilizacións o MARTES 22 de MAIO, en defensa do sistema público de pensións, pola recuperación dos dereitos roubados e para reivindicar emprego e salarios dignos, como única garantía de termos unhas pensións dignas.Nese día desde a CIG convovcamos mobilizacións simultáneas nas sete cidades e en múltiples vilas do país co obxectivo de descentralizar as protestas e visibilizar o amplo rexeitamento social ás políticas dos gobernos do PP.

Esta iniciativa enmárcase na campaña que a central sindical está desenvolvendo para esixir a derrogación das reformas antisociais e antiobreiras aprobadas baixo a escusa da crise económica, e dentro da Campaña previa de Mobilizacións para a FOLGA XERAL que a CIG ten convocada para o vindeiro 19 de XUÑO

Na Provincia de Lugo realizaranse as seguintes MOBILIZACIÓNS:

Lugo: 20:00h Diante do Concello
Sarria: 20:00h Praza da Vila
Guitiriz: 20:00h Praza da Feira
Monforte: 20:00h Diante do Concello
Chantada: 20:00h na Praza de Galicia
Burela: 20:00h Praza da Mariña
Ribadeo: 20:00h Diante do Concello
Viveiro: 20:00h Diante do Concello
Vilalba: 20:00h Praza da Constitución

Exit mobile version