Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación achega outros 5 millóns de euros aos veciños da Mariña a través do Plan Único 2018

A Mariña 14-5-18. O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, a Deputada pola Comarca da Mariña, Mayra García, e a Alcaldesa de Viveiro, presentou este luns as actuacións que o Goberno Provincial leva á Mariña través do Plan Único 2018. Fíxoo nun acto aberto ao público en xeral, que tivo lugar no municipio viveirense e ao que foron convidados todos os Alcaldes da Comarca.

Campos Conde destacou que “son outros 5 millóns os que achegamos aos 73.000 veciños dos 16 Concellos da Comarca para mellorar a súa calidade de vida mediante a mellora de infraestruturas (estradas, traídas de auga, saneamentos, instalacións deportivas, culturais…), atención profesional a maiores ou con novas actividades turísticas, deportivas ou culturais que dinamicen social e economicamente a Mariña”.

“Ante a discriminación que sofre a nosa provincia na distribución dos fondos públicos das principais administracións no país, Xunta de Galicia e Goberno Central, que nalgúns casos é practicamente inexistente; este Goberno Provincial incrementa ano tras ano os fondos dos seus programas para os 67 Concellos con criterios totalmente obxectivos e equitativos na distribución do seu orzamento. No 2016, destinamos aos mesmos 11 millóns, ao ano pasado 20 e nesta anualidade 21 millóns. Buscamos o desenvolvemento real da nosa provincia en igualdade de condicións vivas onde vivas.”

“O firme compromiso do Goberno non é suficiente, pois só nos permite sobrevivir como provincia. É preciso que Xunta e Goberno Central, con orzamentos infinitamente maiores ao da Deputación, amosen dunha vez por todas un verdadeiro compromiso coa nosa provincia, poñendo en marcha medidas que garantan que os fondos públicos, que son de todos os cidadáns, tamén cheguen aos lucenses, a todos. Debemos reivindicar compromisos no DOG e no BOE, non máis palabras”, destacou o Presidente.

Neste senso, Campos Conde reclamou infraestruturas dignas para a Mariña e solucións para a N-634, N-642, A-8, A-74, o FEVE…; unha sanidade pública de calidade que permita aos veciños recibir atención profesional de calidade nos seus centros de saúde e no Hospital da Costa; verdadeiras oportunidades de emprego e económicas que contribúan ao pulo dunha Comarca na que se concentra o 30% da poboación da provincia… entres outras reclamacións.

Distribución dos 5 millóns
A través do Plan Único da Deputación para 2018, o Goberno Provincial inviste nos 16 Concellos da Mariña preto de 5 millóns de euros, dirixidos a mellorar a calidade de vida dos 73.000 veciños da Comarca. A distribución destes fondos é a seguinte:

– 3,2 millóns de euros en investimentos son para a execución de máis de 60 obras de mellora de servizos públicos na Comarca. “Seguiremos sendo polo tanto a administración que lidera a obra pública na provincia”, destacou Campos Conde.

– Case 540.000 euros están dirixido a atención dos maiores. “Facémolo a través do Servizo a domicilio para persoas non dependentes, as que non atende a Xunta de Galicia. Este investimento permítenos ofrecer 56.000 horas de atención profesional a veciños da Mariña”.

– 740.000 euros son para a xeración directa de 70 novos postos de traballo nos Concellos. “Facémolo a través do DEPUemprego, o que nos permitirá contratar a lucenses no paro nos propios Concellos para reforzar as prestacións municipais que as entidades locais deben ofrecer aos veciños. Seguiremos sendo a administración que máis inviste en políticas activas de xeración directa de emprego”.

– 175.000 euros son para a dinamización social e económica da Comarca a través do turismo, “pois estes fondos garanten a celebración de 25 iniciativas como festas, feiras ou festivais que xeran riqueza”.

– Case 82.000 euros son para a promoción cultural na Mariña, financiando máis de 40 actividades.

– 86.000 euros son para a celebración de máis de 32 iniciativas deportivas na Comarca, “cando xa somos a 1ª Deputación en Galicia e a 3ª en España que máis inviste en deporte por habitante”.

– 28.700 euros á mellora das administracións electrónicas dos municipios, para facilitar aos veciños da Mariña trámites cos Concellos a través de internet.

– 16.000 euros ao financiamento de 5 grupos de protección civil da Mariña. “Trátase dunha nova liña que incorporamos este ano porque os voluntarios así nolo solicitaron, despois dos recortes dun 50% que a Xunta fixo neste servizo”.

Fondos por Concello
ALFOZ 267.779,34 €
BARREIROS 269.158,06 €
BURELA 358.625,95 €
CERVO 287.017,80 €
FOZ 406.428,68 €
LOURENZA 249.519,39 €
MONDOÑEDO 303.570,89 €
OUROL 303.977,95 €
PONTENOVA (A) 269.235,28 €
RIBADEO 429.274,72 €
RIOTORTO 232.388,50 €
TRABADA 246.774,69 €
VALADOURO (O) 283.106,93 €
VICEDO (O) 251.666,48 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XOVE 271.748,88 €
Tendo en conta a superficie, poboación, envellecemento, taxa de paro e dispersión poboacional, a distribución dos case 5 millóns de euros do Plan Único 2018 nos 16 C

Exit mobile version