Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación mellora en Riotorto a estrada que comunica con Lourenzá por Augaxosa, con preto de 100.000 euros

Lugo, 30 de maio de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado de varios veciños, supervisou as melloras feitas pola Deputación na estrada LU-P-2801 que comunica Riotorto con Lourenzá, concretamente esta vía transcorre cara Santo Tomé por San Adriano, Augaxosa e Mazo. O Goberno da Deputación realizou un investimento de preto de 100.000 euros para arranxar esta vía.

Campos Conde explicou que os traballos “supuxeron a remodelación integral do firme con aglomerado en quente nun treito de 2 kilómetros, a actuación fíxose concretamente dende o punto kilométrico 9 ata o 11. Con estas actuacións de rexeneración da LU-P-2801 damos resposta ás demandas dos veciños e contribuímos a mellorar a súa calidade de vida, dende unha Deputación social, rural e coas persoas”.

O Presidente remarcou que máis de 3.500 veciños da Mariña, dos Concellos de Riotorto e de Lourenzá, benefícianse directamente desta obra, xa que é unha das vías de acceso a estes dous núcleos mariñáns.

Os traballos, que rematarán nos vindeiros días e servirá para mellorar a comunicación ao tempo que se incrementa a seguridade dos usuarios, consisten na remodelación integral do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e instalación de sinalización horizontal.

Exit mobile version