Site icon Crónica3.com A Mariña

A Subdelegación do Goberno en Lugo organiza xornadas de portas abertas dende o 7 ao 11 de maio

Lugo, 2 de maio de 2018. A Subdelegación do Goberno en Lugo abrirá as súas portas a diversos colectivos, na semana do 7 ao 11 de maio, para dar a coñecer tanto as súas instalacións como os servizos e a actividade que desenvolve a Administración Xeral do Estado na provincia.

Esta iniciativa enmárcase na Semana da Administración Aberta, coa que se pretende reunir xornadas de portas abertas e outro tipo de eventos en torno a un mesmo fío condutor, os principios do goberno aberto: transparencia, participación, rendición de contas e colaboración.

Así, esta semana enmárcase dentro das acción de formación, sensibilización e educación do Terceiro Plan de Goberno Aberto de España, e dá resposta ademais a unha iniciativa que se está impulsando a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto, da que España forma parte.

As actividades celebraranse en todo o territorio español a iniciativa tanto das distintas administracións públicas como da sociedade civil e outros interesados.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

No caso de Lugo, a Subdelegación do Goberno recibirá o martes a estudantes de Bacharelato do IES Sanxillao; o mércores a unha representación da Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti; o xoves, a representantes de asociacións de persoas con diversidade funcional; e o venres, a membros de asociacións de empresarios (CEL, Federación Galega de Comercio, Asociación de Mulleres Empresarias, Asociación de Autónomos e Asociación de Xoves Empresarios).

Nas súas visitas, os colectivos poderán ver unha presentación na que se explica a historia e as competencias das subdelegacións do Goberno, e farán unha visita guiada polas instalacións para coñecer os servizos que se prestan nas diferentes unidades.

As persoas ou asociacións que desexen sumarse a estas actividades poden solicitalo chamando aos teléfonos 982.75.92.29 / 22.

Exit mobile version