Site icon Crónica3.com A Mariña

“A TALA TOLA”

Un conto anunciado, polo mal coidado que está. Nunhas horas remataron cun proxecto centenario. O Parque que ideou J.A Pernas Peón. As primeiras foron prantadas en 1913, e a finais dos anos 20, pensouse en facer a Cidade Veraniega, cando ainda existían cabezas pensantes gobernando e conceptos de Futuro. Un exemplo único en Galicia coma o de Padrón ou outras vilas. Hoxe quedamos orfos en Cantarrana.
Dende varias vías, levábase alertando do estado de moitas das árbores. Durante anos sen facer caso, sen resolver nin solucionar o problema que tiñan, e reamtou así: Mataron varios seres vivos co alicente de erradicar un problema, nunca mellor dito cortaron de raíz, un solución drástica, sinxela e sangrenta, que destrúe un entorno natural ,no que
moitos pasamos horas xogando, charlando, paseando, recordos…
Da tristura ver como se desfan destes xigantes cos que compartimos a terra, e que son imprescindibles. O Ciprés de Monterrey da Misecidordia, ese amigo tan bó e ó que fixeron tanto dano, non protesta, vai pola vía de morrer, igual que neste caso pola man despiadada do home.
Dor é a palabra, depois de propoñer replantar zonas coma a explanada da Opel, de comprar árbores para facer un Xardín Botánico, de falar dun plan de embelecemento urbán con zonas verdes en distintas zonas do Concello, e ver que a folla de ruta vai polo carril contrario. Árbores na rúa, como existe nas mellores cidades de España e Europa. Temos que vivir en armonía e respetar a estos compañeiros de viaxe.
Din que van repoblar con autóctono e árbore baixa, pero esto non cola, é publicidade. ¿Qué sentido ten cambiar árbores de 2 anos por outras centenarias? ¿Pola seguridade non sería mellor actuar hai 15 anos cando se sabía do problema, ou prefírese un sito de acampada?¿Queremos ter uns novos Xardíns como os de Noriega Varela de cemento ou secano? ¿O obxetivo de Viviero é, facer un modelo de cidade de Hormigón e Inox? Vamos por mal camiño, hai que preservar o legado natural, como fai USA dende 1872, ven protexendo parques, hoxe contan ata 59 áreas de fermosos vexetais. Coidar do que é orixinal e tradicional, da natureza, non reventala, iso é rqiueza. A primeira Festa da Árbore da historia mundial, foi en Mondoñedo no 1569, a tan só uns kms, cando éramos natureza e vangarda.
Dende logo, é a proba da ignorancia. “A terra é o noso fogar e o fogar de todos os seres vivos, Gandhi”.¡Adeus colegas, ata sempre!

Exit mobile version