Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de voceiros municipais de Lourenzá acordou apoiar a iniciativa cidadá de homenaxear ás figuras de “O Gardarríos” e a súa compañeira

A Xunta de Voceiros Municipais (PSOE, PP e BNG) do Concello de Lourenzá acorda apoiar a iniciativa cidadá de homenaxear ás figuras de Luis Trigo Chao (O Gardarríos) e á súa compañeira, Antonia Díaz Pérez, co gallo do 70 aniversario do seu asasinato a mans da ditadura franquista. Esta homenaxe tamén é un recordo a todas aquelas persoas que dunha maneira ou doutra colaboraron naquela época na loita antifranquista. Así mesmo a Xunta de Voceiros Municipais acorda convidar aos veciños e veciñas a participar nos actos de homenaxe previstos en Mondoñedo e Lourenzá o sábado 23 de xuño de 2018.

Exit mobile version