Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA demandoulles aos representantes populares cos que se reuniu este luns bolsas de papel gratuítas para os seus asociados e máis pases para acceder á praia das Catedrais

Ribadeo, 15 de maio de 2018. Acisa mantivo un encontro nas últimas horas co deputado autonómico do PP Daniel Vega e cos concelleiros desta formación en Ribadeo, Jesús López e Juan Estévez.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo demandáronlle á administración galega “bolsas de papel en tres tamaños gratuítas para repartir entre os nosos asociados e asociadas de comercio e outras específicas para os restaurantes, co obxectivo de que os clientes poidan levar as botellas de viño que non remataron de consumir nas súas comidas e ceas. O que pretendemos con esta petición é aforrar custes e tamén vender a imaxe de Ribadeo”.
Outro dos asuntos que estivo enriba da mesa foi “a ampliación dos pases para acceder á praia das Catedrais. Queremos que ademais dos hoteis tamén os teñan os restaurantes. O obxectivo é ofrecer cada vez máis servizos á nosa clientela e deste xeito seguir medrando en número de asociados e asociadas en Acisa”.
Acisa estudiará nas vindeiras semanas “a posibilidade de trasladar a nosa oficina a outro local do que onte nos falaron o deputado e os concelleiros populares”.
No encontro celebrado onte participaron o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, o xerente, Jesús Pérez, o vicepresidente, Juan Andina, a secretaria, Mª Antonia López, a tesoureira, Manoli Torviso, así coma os vocais Rocío Pertejo e Diego Valcarce.

Exit mobile version