Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa fai un balance positivo do XIII Torneo de fútbol veterano Ría de Ribadeo. Francisco Iriarte subliña a repercusión económica que tivo para a hostalería local e para a promoción turística da localidade

Ribadeo, 28 de maio de 2018. Acisa fai un balance positivo do XIII Torneo de Fútbol Veterano Ría de Ribadeo, que reuniu a pasada fin de semana a 42 equipos na localidade e a unhas mil persoas.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, sinalou que “como colaboradores que somos deste evento deportivo estamos moi satisfeitos pola cantidade de xente que moveu, chegada desde diferentes puntos de España e de países como Reino Unido, Bélxica e Portugal. Este torneo ten unha repercusión importante na hostalería ribadense, xa que os xogadores e os seus acompañantes alóxanse en Ribadeo, comen, cean e consumen na nosa vila”.
Para Iriarte “tamén é de destacar a promoción turística que se fai de Ribadeo e da súa contorna con estes torneos. Moitos destes participantes estamos convencidos de que volverán por aquí coas súas familias a gozar doutra maneira de Ribadeo e dos seus atractivos turísticos”.
O presidente de Acisa felicitou “á organización do XIII Torneo de Fútbol Veterano Ría de Ribadeo, a todos equipos participantes e ao gañador, que un ano máis foi o Velarde de Cantabria”.
Francisco Iriarte participou na entrega de trofeos que tivo lugar na tarde de onte.

Exit mobile version