Site icon Crónica3.com A Mariña

Adrián Canoura presenta cine de vangarda e outras obras de arte contemporánea no IES Perdouro

Tras o éxito colleitado no Festival Play Doc de Tui, o cineasta Adrián Canoura presenta ás 11:30 horas deste xoves (día 3 de maio) as súas creacións de vangarda artística no IES Perdouro, o centro en que realizou os seus estudos de Ensino Secundario e Bacharelato. Adrián Canoura (Burela 1991) é cineasta e realizador. O seu traballo toma diversas formas desde perfomance visuais en directo e pezas musicais a películas experimentais. Principalmente acode en raíz a retratos antropolóxicos/etnográficos, onde procura envolverse das ideas e os espazos emocionais que o rodean, e involucra certa mística aos proxectos. Pretende expandir estas relacións porosas entre a práctica experimental, o cine de vangarda e a arte contemporánea.

Exit mobile version