Site icon Crónica3.com A Mariña

Aleix Díaz Salas Doble Campión no Campionato galego de relevos coa Escuela Atlética Lucense

Ribadeo 17-5-18. O atleta ribadense Aleix Díaz Salas proclamouse este xoves 17 de maio doble Campión galego en relevos 4 * 100 m. e 4 * 300 m. cos seus compañeiros da Escuela Atlética Lucense.

Na mañá deste día das Letras galegas nas pistas universitarias de Ourense celebrábase o Campionato galego de relevos, dende idade sub 14 (infantil) ata master (veteranos).

Sobre as 11.30 h. era o turno dos sub 16 masculino, onde Aleix participaba nos 4*100 m. O seu club resultaría vencedor cun rexistro de 46,67 seg. Excelente carreira na que por centésimas estiveron a punto de bati-lo record galego da especialidade. O segundo clasificado foi o CA Millaraio de Santiago e terceiro o Coruña Comarca.

Unha hora máis tarde era o turno dos 4*300 m. onde novamente e cos mesmos compoñentes, a Escuela Atlética lucense repetía primeira posición, parando o crono en 2,38,38 min. O podium completaríano Coruña Comarca e CA Millaraio.

Excelente xornada para Aleix que segue acumulando experiencias positivas.

Exit mobile version