Os resultados foron moi satisfactorios xa que acadou duas medallas de prata nas duas disciplinas nas que participaba.
Pouco antes das 13 h empezaba a sua participación, coas semifinais dos 100 m.l. onde Aleix gañaba a sua serie cun tempo de 11,99 seg., o que lle daría acceso directo á final.
Case unha hora máis tarde era o turno da final, onde Aleix partía coa 4ª mellor marca das semifinales. Nunha espectalucar e apretada final conseguiría unha segunda praza moi meritoria, entrando 3 atletas no mesmo tempo e sendo necesario emprega-la foto finish dando incluso lugar a un erro inicial e quedando a dúbida do primeiro posto no aire.
Aleix invertiría nesta carreira 11,93 seg. o que o levaría a rebaixar novamente a sua mellor marca.
Acto seguido e sen case tempo para recuperarse era o turno das semifinales dos 300 m.l.. Como no caso anterio, gañou a sua serie cun tempo de 40,25 seg., accedendo á final coa 3ª mellor marca e que se celebraba ás 19.30 h. Nesta final e logo do cansancio das probas anteriores e de estar toda a xornada nas pistas, Aleix voltou a dar conta do seu caracter competitivo acadando outra segunda posición cun tempo de 37,90 seg., rebaixando asimesmo neste caso o seu mellor rexistro na distancia.
Cos resultados de hoxe, son 4 as medallas de prata a nivel individual acadadas por Aleix esta temporada en Campionatos galegos, algo moi meritorio tendo en conta as condicións diarias de adestramento.
Todo este traballo e constancia lévao a ser convocado po-la selección galega cadete de atletismo para participar no Campionato de España por autonomías, que se celebrará os días 16 e 17 de xuño en Avilés.
E como broche final a unha extraordinaria temporada, estará a participación no Campionato de España individual que terá lugar os días 30 de xuño e 1 de xullo en Castellón.