Site icon Crónica3.com A Mariña

Álvaro Santos: ““Como o PP xa non pode pagar favores políticos en B agora faino en A, gastando 100.000 euros dos veciños en SUPLUSA”

Lugo, 25 de maio de 2018. O voceiro do Goberno Provincial da Deputación, Álvaro Santos Ramos, valorou este venres o feito de que o Partido Popular aprobase “a creación dunha nova masa salarial” en SUPLUSA co voto en contra dos representantes do PSOE no Consello de dito organismo. Santos Ramos destacou que “como o PP xa non pode pagar favores políticos en B, porque son culpables de corrupción tal e como dixo a xustiza, agora faino en A, gastando 100.000 euros de todos os lucenses, de fondos públicos dos veciños”.

“Hai moitos anos que existe SUPLUSA e nunca houbo salarios, pois é un organismo que depende a Deputación de Lugo e os seus responsables son Deputados, que xa teñen unhas retribucións regradas polo Pleno Provincial en base as súas diferentes responsabilidades nos órganos do organismo provincial”, apuntou.

“Este cambio débese ao interese do PP de deixar de utilizar SUPLUSA como un ente intrumental da Deputación que contribúa ao impulso do traballo polo público para convertelo nun ente ao servizo do Partido Popular que bloquee a apertura das residencias en colaboración coa Xunta, que entorpeceza a execución de determinados proxectos e que faga oposición ao Goberno da Deputación”, engadiu.

“O acordo do PP deixa en clara evidencia que esta formación política, que é culpable de corrupción, é capaz de gastar os recursos públicos necesarios de todos veciños dende calquera administración na que teña representación para os seus intereses partidistas”, remarcou.

“Dende o Goberno da Deputación non podemos descartar ningunha opción de resposta, pois non podemos consentir o manexo caprichoso das institucións e dos fondos públicos de todos os cidadáns. É unha cuestión de decencia, de ética, de dignidade e de servizo público. Hai advertencias de que o acordo PP podería ser irregular. Dende SUPLUSA se está bordeando a legalidade” subliñou.

Exit mobile version