Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana Pastor e Elena Candia presiden a Xunta Directiva Provincial

Lugo 25, maio, 2018. A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e a presidenta Provincial, Elena Candia, acompañadas do vicepresidente e secretario Xeral, Ramón Carballo e Carlos Armesto, respectivamente, presidiron a reunión da Xunta Directiva Provincial que se está celebrar nestes momentos na sede do PP de Lugo.

Momentos previos á mesma, Ana Pastor agradeceu a invitación da dirección do Partido para participar na xuntanza na que, como vén sendo habitual dende que Candia é presidenta, se analiza a situación do Partido e se atenden e escoitan as propostas dos afiliados e cargos orgánicos que asisten.

Neste senso, e a preguntas dos xornalistas, reiterou que xa convocou a Mesa dos Deputados para calificar a moción que foi rexistrada no día de hoxe polo representante do Partido Socialista, Pedro Sánchez, e, a partir de aí, sinalou, “continuar con los trámites que proceden”. É dicir, unha vez convocada a Mesa, abrirase un prazo de dous días por se outros grupos políticos queren presentar outras mocións con candidatos alternativos. A data final, será a que propoña Ana Pastor, e logo de falar co candidato. En todo caso, esta non pode ser antes dos cinco días seguintes dende a presentación da moción, tal e como establece a lexislación.

Exit mobile version