Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Cabana do C.D.Egovarros-Viveiro subcampeón de Europa de media maratón

Viveiro 21-5-18. Os días 18, 19 e 20 celebrouse en Alicante o Campeonato de Europa en Ruta de Veteranos, o clube Egovarros estivo representado por catro atletas entre os que destacou Antonio Cabana, na categoría de M75, que se fixo co subcampeonato de Europa na proba de Media Maratón, cun tempo de 1 hora 45 minutos 55 segundos, nun recorrido de sube e baixa e cunha calor asfixiante que o perxudicou en todo momento ó non estar habituado a temperaturas tan altas. Antonio solo se veu superado polo atleta de Eslovaquia, Vincent Basista que fixo un tempo de 1 hora 42 minutos 53 segundos, sendo a medalla de bronce para o atleta inglés Phil Brennan con 1 hora 52 minutos e 35 segundos.Outro atleta que participou media maratón foi Jose Luís Meizoso na categoría M60, que tamén fixo unha excelente carreira facendo un tempo de 1 hora 39 minutos e 8 segundos.

Na proba de 10 km en ruta, participou Susana Parguiña na categoría de W50, que correu o día 18 pola tarde soportando unhas moi altas temperaturas facendo un tempo de 50 minutos 5 segundos, correndo tamén o día 19 a proba de campo a través por relevos con outras duas atletas, acadando o quinto posto.
Outro compañeiro que participou nos 10 km en ruta foi, Andrés Piñón Loureiro na categoría M45 facendo un tempo de 38 minutos e 50 segundos.

Unha vez máis os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro demostraron que están preparados para competir en calquer campeonato.

Por outra banda, o pasado sábado celebrouse en Lugo o Memorial Gregorio Pérez Rivera donde o atleta de Egovarros-Viveiro, Jose Vicente Rioseco López na categoria M75, despois de realizar unha extraordinaria carreira, bateu o record de España na proba de 1500 metros, acadando un tempo de 5 minutos 28 segundos 58 décimas, rebaixando en 6 segundos o anterior record de España que tamén o tiña o mesmo atleta.

Exit mobile version