Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobadas as bases das axudas de 300.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses

Lugo, 5 de maio de 2018. A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases das axudas de 300.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses. Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, habilitarase un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas subvencións. Son axudas de entre 300 ata 3.000 euros para programacións de música, baile, teatro, o fomento da lingua ou a potenciación do patrimonio cultural.

Cultura
As bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia contemplan axudas para a realización de actividades culturais no 2018. Concretamente para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras.

Baremos sociais
Primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural.

Balance 2017
Na pasada edición o Goberno da Deputación achegou 280.000 euros, para dinamizar as actividades na provincia, concretamente destináronse a 56 Concellos, beneficiando a un total de 278 asociacións culturais, nun total de 539 actividades como por exemplo festivais, poesía, teatro, magosto, viaxes culturais, edicións de libros ou clases de música tradicional, entre outras.

Exit mobile version