A profesora responsable do concurso no centro, María Lozano, profesora de Lingua e Literatura Galega, salienta a calidade dos escritos destas alumnas e da súa valía, e amósase moi esperanzadora con que consigan o 1º premio a nivel autonómico. Así mesmo, destaca que nunha edición máis os alumnos do IES Vilar Ponte resultan gañadores neste concurso. En próximas datas, a organización comunicará o lugar de recollida dos premios e mais do gañador a nivel autonómico.