Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela conmemora o 25 Aniversario da súa alfombra floral cunha mostra permanente de fotos e coa edición dun vídeo. O Concelleiro de Turismo anima á veciñanza á acudir aos actos que terán lugar este domingo a partir das sete e media da tarde

Burela, 26 de maio de 2018. Este domingo, inaugúrase en Burela unha mostra permanente de fotos para conmemorar o aniversario da alfombra floral que cubre as rúas da localidade nas festas patronais. Será na Praza do Concello. E tamén terá lugar a proxección dun vídeo na Casa da Cultura, segundo deu a coñecer o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés dixo: “dende a Concellería de Turismo queremos anunciar que este domingo, día 27, vamos proceder a inaugurar unha exposición en colaboración coa asociación das alfombras florais de Burela destes 25 anos de alfombra floral que se conmemoran neste 2018. Para iso imos facer unha mostra permanente na Praza do Concello con fotos destes 24 anos anteriores. Poderase empezar a visitar a partir das sete e media da tarde de mañá, domingo”.
Ramiro Fernández Rey contou que “ademais diso a Concellería de Turismo en colaboración coa asociación das alfombras vai presentar un vídeo relativo á alfombra para conmemorar ese 25 aniversario. Será moi emotivo, é un xesto por parte do Concello de Burela con esta alfombra floral. Este acto empezará ás oito da tarde na Casa da Cultura e para a elaboración do vídeo contamos coa Deputación Provincial de Lugo e temos confirmada a presenza do deputado responsable da Área de Turismo, Eduardo Vidal”.
O concelleiro de Turismo anima “a todos os veciños e veciñas a acudir a este acto, que penso que vai ser emotivo e moi bonito, para recoñecer todo ese traballo que se leva facendo durante estes 25 anos por parte de toda esa xente que se dedica a facer a alfombra floral, que é un reclamo turístico para Burela posto que ese sábado imos ter moitos visitantes vendo esa auténtica xoia que fan sobre as rúas”.

Exit mobile version