Esta iniciativa xorde grazas a un motivado e sensibilizado grupo con diferentes inquedanzas e tan dispar como é a propia Mariña Lucense, que a través deste proxecto acadou un xeito de comunicar e promover os valores turísticos da zona, as veces tan descoñecidos para a propia poboación. A campaña realizarase co nome de marca #amaríñate (@amarinhate) e o slogan “namórate con nós” a través das redes sociais Facebook e Instagram que a partir de hoxe están operativas e ata agosto.
O contido da campaña intentará promover os recursos típicos do territorio e mais aqueles menos coñecidos incluso no ámbito local, promover produtos e servizos, entre eles especificamente os Espazos de Información (Oficina de Información Turística e mais Centros de Interpretación) e comunicar novas e eventos mais relevantes.